Mencía

Antecedentes

García de los Salmones (1914) cítaa como cultivada nas provincias de Lugo e Ourense e na zona de Caldas de Rei na provincia de Pontevedra. No Catastro Vitícola de 1983 indícase como presente nas provincias da Coruña, Lugo, en Ourense e Pontevedra. A súaorixe xenética é a liñaxe orixinada en Merenzao (Díaz-Losada et al., 2010).

Situación actual

É unha variedade da IXP Ribeiras do Morrazo. Ademáis é recoñecida como variedade preferente nas DD.OO. Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei, e como autorizada na DO RíasBaixas. Tamén é contemplada para a elaboraciónde viños nas indicacións xeográficas Viños da Terra Barbanza e Iria, Val do Miño e Betanzos.

Valoracións sobre o seu cultivo

Variedade de agromada e maduración medias; produción alta e vigor medio-baixo; sensible ao oídio, moderadamente ao mildeu e alta á botrite. Produce viños de elevado potencial enolóxico, con graduacións que poden variar en función da zona entre 11 e 14% v/v, e acidez entre 4-6 g/L. Os viños con tonalidades violáceas posúen unha intensidade aromática media-alta, con aromas froiteiros, a froitos roxos, framboesa, fresa, mora e con certos toques lácticos. Con boa calidade en boca, persistentes, con arestas doces, salientando os taninos suaves e agradables.

Descrición morfolóxica

Pámpano

O pámpano novo presenta a extremidade aberta, glabra e sen pigmentación antociánica. A cara dorsal do entrenó, así como a cara dorsal e ventral do nó, é verde e vermella, mentres a cara ventral do entrenó é verde. As xemas non presentan pigmentación antociánica.

Folla Nova

A folla nova de cor verde é glabra.

Folla Adulta

A folla adulta de cor verde media presenta tamaño medio e forma pentagonal, con cinco lóbulos; glabra; perfil plano; limbo con inchazón débil; dentes con mestura de lados convexos e rectilíneos, de lonxitude media en relación á súa anchura; seo peciolar con lóbulos pouco abertos ea base en forma de chave; seos laterais superiores abertos coa base en forma de V; pecíolo lixeiramente máis curto que o nervio principal.

Acio

O acio é cónico, longo, de compacidade media e con presenza de 1 ou 2 ás. O pedúnculo é de lonxitude curta.

Bago

O bago de cor azul negra presenta forma elíptica curta.

Imaxes: 
Mencía
Mencía 2
Fonte:: EVEGA